BAIKONUR
(BAIKONUR)
ALEMAÑA/RUSIA/KAZAJISTÁN
2011
SINOPSE
Medio século despois de que Yuri Gagarin viaxara ao espazo, na base de Baikonur, onde malviven nativos vendendo restos de chatarra aeronáutica, conmemoran o fito. Lanzan unha nave con tres astronautas, entre eles unha turista francesa que ten pagado unha fortuna polo capricho. Un campesiño mozo, Gagarin, queda namorado dela. Un mergullo polos nosos espazos interiores.
VEIT HELMER
Realizador, fotógrafo, montador, produtor e guionista nado en 1968 en Hannover, Alemaña. Estuda Arte e Dirección na Escola de Cine de Múnic. Codirixiu xunto a Win Wenders A Trick of Light, premiada en Venecia no 1997. Debuta na longametraxe con Tuvalu (1999), con ela acadou excelentes críticas pola súa orixinalidade e renovadora proposta cinematográfica. Logo vén Gate to Heaven (2003). No 2008, co filme Absurdistan acada sona nos mellores festivais internacionais de cine. Ten dirixido tamén filmes documentais. Behind the Couch, premiado varias veces e emitido na BBC.
É membro da Academia de Cine Europeo dende o 2002 e imparte docencia en escolas de cine de Beirut, Tbilisi, Xacarta, Tashkent e Bogotá.
Quatsch und die Nasenbärbande é o seu ultimo traballo.
Posted by
Fernando Llor




