Slimane


SLIMANE 


(SLIMANE)
ESPAÑA/FRANCIA/MARROCOS 2013






PREMIO Á MELLOR LONGAMETRAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DAS PALMAS, 2014
PREMIO Á MELLOR ÓPERA PRIMA NO IBAFF INTERNATIONAL FILM FESTIVAL, 2014


SINOPSE 
Dous mozos son expulsados de centros tutelados tras maioría de idade. Na rúa, os días pasan sen moito máis que facer. Acadar cartos, traballo, xogar ao fútbol e fuxir da policía. O tempo e diferente, infinito. 



JOSÉ ÁNGEL ALAYÓN 

Guionista, montador, produtor e director nado en Tenerife en 1980. Estuda realización no CEV en Madrid e varios obradoiros na EICTV en Cuba, onde tamén se especializa en Dirección Cinematográfica. No 2004 crea xunto a outros estudantes A viaxe produccións, no 2008, o Centro de Estudos Cinematográficos de Canarias. 

Iníciase como realizador coas curtametraxes, Neno con chuvia (2003), Vento de cidade (2006), O insomnio (2010) e Un día no paraíso (2011). 

Con este filme debuta na longametraxe.  É o seu último traballo.

Posted by
Fernando Llor

+Info

Jauja



JAUJA 

(JAUJA) 
ARXENTINA/FRANCIA/USA/DINAMARCA 2014








PREMIO FIPRESCI AO MELLOR DIRECTOR, NA SECCIÓN UNHA CERTA MIRADA, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CANNES, 2014

MENCIÓN ESPECIAL AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE GHENT, 2014

PREMIO COLÓN DE PRATA Á MELLOR FOTOGRAFÍA, NO FESTIVAL DE CINE LATINOAMERICANO DE HUELVA , 2014


SINOPSE
Na antigüidade, se críase que Jauja era unha terra mitolóxica de abundancia e felicidade. Emprendéronse moitas expedicións para tratar de atopar o lugar e comprobalo. Co tempo, a lenda medrou de xeito desproporcionado. É probable que a xente esaxerara, como é costume. O único que se sabe con seguridade é que todos aqueles que intentaron atopar este paraíso terrenal perdéronse.



LISANDRO ALONSO

Director, guionista, montador, produtor, director de arte e técnico de son

nado en 1975, en Bos Aires. Estuda na Fundación Universidade do Cine (FUC). Traballa como produtor de cine e axudante de dirección antes de pasar á dirección. O seu traballo inscríbese dentro do chamado cine independente cuxa construción se apoia nun ritmo emocional, de carácter intimista.

As secuencias, con planos fixos e mantidos, permiten participar ao espectador a través da emoción e recoñecer a identidade humana das personaxes. O ritmo e as imaxes dos seus filmes rozan as técnicas documentais. A paisaxe, interior ou exterior, é un elemento máis no seu traballo. As personaxes vagan por o espazo proposto por o cineasta na busca do sentido das súas vidas. 
Iníciase como realizador coa curtametraxe Dous na vereda (1995). Logo viñeron as longametraxes A liberdade (2001), Os mortos (2004), Fantasma (2006), Liverpool (2008). 
Este é o seu último traballo



Podedes ollar entrevista co director e Viggo Mortensen  máis o tráiler do filme en:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Edificio España

EDIFICIO ESPAÑA
(EDIFICIO ESPAÑA)
ESPAÑA 2014






SINOPSE
No 2007 iníciase un proxecto de reforma integral do Edificio España en Madrid, símbolo de prosperidade no franquismo. Nas obras participan máis de douscentos traballadores de diversas nacionalidades, xerando un insólito anecdotario e incorporando vivencias á propia memoria do lugar. Inmensa Torre de Babel sobre a que quedarán impresas as pegadas da nosa época.



VÍCTOR MORENO

Realizador e guionista nado en Santa Cruz de Tenerife en 1981. Trasládase a Madrid onde estuda cine e Filosofía na Universidade Complutense. En Abril de 2013 presenta seu último traballo, a mediometraxe A pedra en “Visions du reel” (Suíza), dentro da sección oficial a concurso onde acada o Segundo premio Cidade de Alcalá de Alcine 2013, e Premio Especial en Alcances 2013. 

Debuta na longametraxe co documental Vacacións (2010), premiada en varios festivais. Coa curtametraxe O estraño (2009), acada o Gran premio ao mellor filme en Notodofilmfest ou o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Viña do Mar. 

También ten realizado as curtometraxes, Faixas e corsés (2007), Fauna humana, Felices festas (2008), O xénero, A gran anana (2009), Feirantes (2010), Diarios móbiles (2011).




Podedes ollar entrevista co director e tráiler do filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Amour fou


 AMOUR FOU

(AMOUR FOU)
AUSTRIA/LUXEMBURGO 2014




SINOPSE
Filme ambientado nun relato libremente inspirado no suicidio de Heinrich von Kleist, en 1811. O poeta aspira a vencer o carácter inelutable da morte grazas ó amor. Por esta razón intenta convencer a súa prima Marie de que se se suicidan xuntos acadarán eludir o destino. O escepticismo e a falta de sensibilidade de Marie deprime a Heinrich.
A cineasta afonda na vida e o tráxico final dun dos escritores dramáticos máis importantes do romanticismo e a literatura alemá, ex militar prusiano e combatinte nas Guerras Napoleónicas que, durante o seu periplo bélico, viaxou polo continente europeo desenvolvendo a súa paixón pola literatura e dando forma ás súas primeiras obras. 


JESSICA HAUSNER

Guionista, montadora, produtora e realizadora nada en Viena en 1972.

Iníciase como realizadora coa curtametraxe Flora en 1995. Coa longametraxe Lovely Rita (2001), deuse a coñecer nos festivais internacionais de cine, pero sería o seguinte traballo Lourdes (2009), o que lle daría sona no panorama cinematográfico mundial.

Este é o seu último traballo.


Podedes ollar  o tráiler en:  https://www.youtube.com/watch?v=qOZMe2bpDic

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger