La Familia Chechena


LA FAMILIA CHECHENA

(LA FAMILIA CHECHENA) 
ARXENTINA 2015;  65’  V.O.S.C.








PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LAS PALMAS 2016
PREMIO AO MELLOR FILME INTERNACIONAL NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE NYON, VISIONS DU RÉEL 2016


SINOPSE

Abubakar ten 46 anos e participa na Zikr, unha danza ritual que realizan os musulmáns sufís chechenos. En cada Zikr, acada un estado de éxtase que lle serve como exorcismo, unha forma de liberación de todo o que a súa comunidade ten sufrido durante tantos anos de ocupación. 


MARTÍN SOLÁ

Guionista, produtor, montador, fotógrafo e realizador nado en Bos Aires en 1980. Estuda Dirección de Documentais en Barcelona e Dirección de Cine en Bos Aires. Iníciase no medio audiovisual traballando como cámara para outros directores. Tamén ten traballado como docente dende o ano 2008 en Madrid, Barcelona e Bos Aires. Os seus anteriores traballos son: Dinner at the Family Home (2006), Closed Box (2008), Messenger (2011), Hamdan (2013). 
Este é o seu último traballo na dirección.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Sonita


 SONITA

(SONITA) 
IRÁN/ALEMAÑA/SUÍZA 2015; 95’ V.O.S.C.











PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL NO SUNDANCE FILM FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DOCUMENTAL NO PORTLAND INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA E PREMIO DO XURADO NO MONTCLAIR FILM FESTIVAL 2016
PREMIO SOS-KINDERDÖRFER AO MELLOR FILME NO MUNICH INTERNATIONAL DOCUMENTARY FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E PREMIO Á MELLOR MÚSICA INDEPENDENTE NO LISBOA INTERNATIONAL INDEPENDENT FILM FESTIVAL 2016
PREMIO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL AO DIRECTOR NO DOCUMENTARY EDGE FESTIVAL 2016
PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E PREMIO DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL NO AMSTERDAM INTERNATIONAL DOCUMENTARY FILM FESTIVAL 2015 

SINOPSE

Sonita, unha adolescente afgá que vive como indocumentada nos arrabaldes de Teherán, soña con converterse nunha cantante famosa de hip-hop, pero a súa familia ten outros plans para ela: vendela en matrimonio por 9.000 dólares. 

A través da súa música descubrimos unha artista carismática, decidida a falar da dura realidade que a rodea cunha honestidade arrepiante. 

Un retrato fascinante dunha moza en plena explosión creativa que contrasta coa falta de liberdade da sociedade na que lle ten tocado vivir. 

ROKHSAREH GHAEM MAGHAMI

Guionista, produtora e realizadora nada en Irán. 

Estuda cine e animación na Tehran Art University. Os seus ensaios de investigación están incluídos no libro, Animated Documentary: A New Way to Express publicado en persa en 2009. Iníciase na realización de documentais con Pigeon Fanciers (2000), Cyanosis (2007), A Loud Solitude (2010), Born 20 Minutes Late (2010),Going Up the Stairs (2011). 


Este é o seu último traballo.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Vergoña e Respecto

VERGÜENZA Y RESPETO
(VERGOÑA E RESPECTO)
ARXENTINA 2015; 81’ V.O.






SINOPSE

Retrato da vida cotiá dos costumes ancestrais dunha familia xitana dos arrabaldes bonaerenses ao longo de cinco xeracións. Os Campos abren as portas do seu fogar e con elas tamén as dunha tradición milenaria, obrigada hoxe a acoplarse ao mundo contemporáneo. Unha cousa está clara: ser xitano non é doado, ou como di un dos protagonistas, “é máis fácil dicilo, que selo”. Atravesado por cantos, guitarras, palmas e caixóns flamencos, o filme é un elegante documental de observación. 

TOMAS LIPGOT

Produtor, guionista, fotógrafo, técnico de son, montador e realizador nado en Neuquén en 1978. Estuda na Universidade do Cine e na Escola de Música de Bos Aires. Ten dirixido varias curtametraxes e as longametraxes Casafuerte (2004), Fortalezas (2010), Moacir (2011), A árbore da muralla (2012). 
Gilgamesh, o home que non quería morrer é o seu último proxecto.


Posted by
Fernando Llor

+Info

Abismo Ruxente


ROARING ABYSS 

(ABISMO RUXENTE) 
R.U./ETIOPÍA/ESPAÑA 2015; 86' V.O.S.C.




SINOPSE

Nos bares e locais de música de Addis Abeba atópase unha escena musical moi peculiar, pero máis aló existen preto de cen culturas e nacionalidades espalladas ao longo das montañas, desertos e bosques de Etiopía. Na actualidade, moitos dos instrumentos musicais tradicionais de Etiopía teñen sido substituídos por teclados electrónicos, quedando a maior parte das bandas locais reducidas a unha ou un cantante acompañado de bases rítmicas e melódicas, pero aínda quedan algúns músicos ao redor do país tocando a música que aprenderon dos seus antergos; instrumentos como o krar, washent, masinko ou o kebero, seguen soando nesta terra chea de contrastes. 

QUINO PIÑERO

Realizador, técnico de son, guionista, actor, produtor e montador. Dende idade temperá inicia unha vida nómade, sempre coa súa cámara e grabadora de son as costas, de aí o marcado selo de viaxe sonoro que caracteriza os seus traballos tanto musicais como audiovisuais. 

Ten traballado como técnico de son e produtor musical con músicos como La Urss (Andalucía 2006), Alkibar Junior (Malí 2007) Orchestra Elastique (Londres 2012) e Mulatu Astatke (Addis Abeba 2013). No 2011 recompila horas de material audiovisual almacenado durante os anos de produtor musical e investigación en África Occidental, resultando nesta primeira montaxe documental: Le Message du Issa Ber (East End Festival 2011). Dende 2012 traballa como técnico de son en diferentes rodaxes e montaxes. 

Con este filme debuta na dirección. Na actualidade está involucrado nun proxecto documental musical colaborando con The Nile Project en África do Leste, asemade realiza como freelance traballos sonoros e videográficos.

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger