Un fogar no mundo + Unha lección arxentina



ET  HJEM  I  VERDEN      (UN FOGAR NO MUNDO) 
DINAMARCA 2015;   58’  V.O.S.C.








PREMIO Á MELLOR MEDIOMETRAXE – IDFA. HOLANDA, 2016

SINOPSE
No patio do colexio, Magomed observa en silencio como o resto pelexa por a pelota. É un refuxiado checheno, está nun colexio da Cruz Vermella da cidade danesa de Lynge. El e a súa familia pasan os días soñando con acadar o permiso de residencia.

ANDREAS KOEFOED
Director, guionista, compositor, montador, produtor e fotógrafo. Graduado en Dirección de Cine Documental na National Film School of Denmark. Dirixe documentais dende o 2001, centrándose en historias universais sobre a existencia humá. Tamén ten traballado para a revista Vice, a axencia Magnum Photos e The New York Times.

Actualmente traballa como docente na National Film School of Denmark.





ARGENTINIAN  LESSON   (UNA LECCIÓN ARXENTINA)
POLONIA 2011;   56’  V.O.S.C.







PREMIO SPOTLIGHT - THE CINEMA EYE HONORS NOVAYORK, 2013
MELLOR FILME -DETOUR FILM FESTIVAL, ITALIA 2012
MELLOR FILME - DOKUMENTART IFF, ALEMANIA, 2012
MELLOR FILME - BATUMI FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE, GEORGIA, 2012
PRIMEIRO PREMIO- LET'S CEE FESTIVAL DE CINE, AUSTRIA, 2012
MELLOR DIRECTOR - FESTIVAL DEI POPOLI, ITALIA, 2011
PREMIO SILVER DOVE - DOC LEIPZIG, ALEMANIA 2011
PRIMEIRO PREMIO - CRACOW IDFF, POLONIA 2011

SINOPSE

Tras a caída do comunismo o goberno polaco decide manter o contacto coas persoas que emigraron creando un programa para conservar os vínculos coas xeracións que naceron fóra do territorio. Este filme é o retrato da propia familia do director trasladada á provincia de Misións na Arxentina .

WOJCIECH STAROŃ

Director, fotógrafo e montador polaco nado no 1973. Graduado en Dirección de Cine na Escola de Lódz. Co primeiro traballo Siberian Lesson (1998), foi premiado en distintos festivais internacionais.

Este é o seu último traballo como director.

Aí van uns enlaces sobre o filme:

https://es-us.noticias.yahoo.com/ofrece-lecci%C3%B3n-argentina-sutil-mezcla-documental-ficci%C3%B3n-030755850.html

http://festivalambulante.blogspot.com.es/2013/02/leccion-argentina.html

https://www.gob.mx/cultura/prensa/el-montaje-del-documental-es-mas-duro-que-el-de-la-ficcion-wojciech-staron?idiom=es

http://www.elaguilablanca.com.ar/polonia/polonia-cultura-cine088.html

https://www.youtube.com/watch?v=I887LnYxn0k

Posted by
Fernando Llor

+Info

Felices soños


FAI  BEI  SOGNI   (FELICES SOÑOS)   

ITALIA 2016; 134 ’ V.O.S.C.

 

 



-PREMIO ICS, DA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CINEFILIA, 2016

SINOPSE

Filme baseado na novela autobiográfica de Massimo Gramellini. Turín, 1969. Massimo, un mozo de nove anos que vive feliz coa súa nai, unha muller agarimosa, pero psicolóxicamente inestable. Unha mañán, el marcha a pasar uns días na casa duns veciños onde lle explican que a nai faleceu. Crece sen ter coñecido as causas da norte e sen entablar relación co seu pai. Trinta anos máis tarde, convertido nun reputado escritor e periodista, comeza a sofrir unha serie de ataques de pánico.

MARCO BELLOCCHIO

Director, guionista, montador e produtor nado en 1939 en Bobbio, provincia de Piacenza. Dende a primaria tivo interés por o mundo do cine. En 1959, ingresa no Centro Experimental da Cinematografía baixo a dirección de Andrea Camilleri. No ano 1962, se convirte en director de cine. Posteriormente se traslada a Londres para seguir cos seus estudos cinematográficos. Tras realizar documentais nos años 60, debuta na longametraxe de ficción con As mans nos petos (1965), na que fai unha dura crítica á institución familiar. Director tamén doutras sátiras mordaces á Igresa católica No nome do Pai (1971), e ao exército Marcha triunfal (1976). Baixo a influencia do psicoanálise dirixe La visione del Sabba (1987).

No 2006, preséntase como candidato do partido Rosa nel Pugno a diputado nas eleccións nacionais, abandonando o seu apoio ao Partido Comunista para dallo á coalicción socialista.

No 2011, foi galardoado co León de Ouro por a súa traxectoria na exposición internacional de arte de Venecia.

Pagliacci, unha curtametraxe é o seu último traballo como director.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

http://www.elcineenlasombra.com/felices-suenos-2016-critica/

http://cultura.elpais.com/cultura/2017/02/09/actualidad/1486647141_876012.html

http://www.filmaffinity.com/es/film325392.html

http://elpalomitron.com/felices-suenos/

https://www.youtube.com/watch?v=R_p6eCTsiYE

https://www.youtube.com/watch?v=GuZfrFtgXjs

Posted by
Fernando Llor

+Info

O fillo de Joseph


LE FILS DE JOSEPH    (O FILLO DE JOSEPH)
FRANCIA/BÉLXICA  2016;  115’  V.O.S.C.







-PREMIO AO MELLOR ACTOR VICTOR EZENFIS, E AO MELLOR GUIÓN, NO FESTIVAL DE CINE EUROPEO DE SEVILLA, 2016
-PREMIO ICS, DA ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE CINEFILIA, 2017


SINOPSE

Un mozo crece coa súa nai que sempre se negou a confesar o nome do pai. El descobre por casualidade que trátase dun editor parisino egoísta e cínico. Ten un plan para vingarse, pero o seu encontro con Joseph, un home alto, e marxinal, fará que mude a vida familiar.

EUGÈNE GREEN

Director, actor, e guionista nado en Novayork en 1947. No ano 1969 trasládase a Francia a estudar Literatura, Idiomas e Historia da Arte. No 1976 acada a nacionalidade francesa e instálase alí definitivamente. Imaxinamos co feito de ter vivido toda a resaca histórica (por as datas), ten impulsado a súa actitude crítica cara ós movimentos que se aproveitaron do fracaso para pervivir (ben) no tempo a base de manexar a superficie do discurso dos derrotados, algo evidente en Toutes les nuits (2001). O camiño da aprendizaxe o atopamos tamén en Le monde vivant (2003), unha especie de conto infantil de cabaleiros e ogros.

Logo viñeron, Le pont des Arts (2004), A Relixiosa Portuguesa (2009), La Sapienza (2014), e o documental Faire la parole (2015)

Este é o seu último traballo.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

http://www.rtve.es/alacarta/videos/dias-de-cine/hijo-joseph/3866185/

http://www.eldestiladorcultural.es/cine/entrevista-a-eugene-green/

http://www.cinemaldito.com/le-fils-de-joseph-eugene-green/

http://cinedivergente.com/festivales/festivales-2016/seff-sevilla-cine-europeo/le-fils-de-joseph-liberami-y-the-student

http://www.culturamas.es/blog/2017/01/18/le-fils-de-joseph-2016-de-eugene-green/

http://www.filmaffinity.com/es/film946312.html



Posted by
Fernando Llor

+Info

O último acto



THE   CARER (O ÚLTIMO ACTO) 
R.U.  2016;   89’  V.O.S.C.













PREMIO AO  MELLOR ACTOR, BRIAN COX, E AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE STONY BROOK, 2016
TERCEIRO PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME E MELLOR DIRECTOR,  NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE CHICHESTER,  2016





SINOPSE
Un lendario actor vive recluído no campo, sofre unha doenza dexenerativa que intenta ocultar ao público. Convertido nunha persoa intratable que non acepta a nova condición, a vida muda coa nova coidadora, o amor que ambos comparten por Shakespeare dará froitos nun  último acto.





JÁNOS   EDELÉNYI
Guionista, realizador, produtor e fotógrafo nado en Hungría no 1948. Tras graduarse na Academia de Arte Dramática e Cine de Budapest como director de cine e de fotografía, volta ao equipo da televisión húngara onde xa tiña traballado. Mantivo unha pioneira colaboración con Gyorgy Feher, e  atribúe a  redefinición do medio grazas a un uso atrevido de primeirísimos primeiros planos. Os dous foron galardoados dúas veces co “Gran Premio á  Mellor fotografía” e á Gran Premio á Mellor adaptación para televisión”. A pesar dos eloxios e o éxito,  el tivo problemas coa censura do antigo réxime e prohibíronse moitas das súas producións, incluído un filme para televisión baseado no Ricardo II de Shakespeare, e un programa de poesía en seis partes. Ambos foron premiados tres décadas máis tarde, tras mudar o goberno. No 1976 exíliase a  Viena, onde traballa como condutor de camións. Un ano máis tarde emigra a Israel, onde vive na actualidade. No  1991 co-escribe e produce a primeira longametraxe de produción israelí e húngara, The Long Shadow, protagonizada por Michael York e Liv Ullmann, dirixida por Vilmos Zsigmond. No 2009 coescribe e dirixe  Prima Primavera, unha coprodución húngara, búlgara, holandesa e británica.
Este é o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger