Grab and Run



GRAB AND RUN de ROSER CORELLA
KIRGIZSTAN/ALEMAÑA/ESPAÑA 2017;
87’ V.O.S.C.











FESTIVAL DE MÁLAGA, PREMIO ESPECIAL 

LOS ÁNGELES FILM FESTIVAL, PREMIO MELLOR DOCUMENTAL
FESTIVAL EVOLUTION, MENCIÓN ESPECIAL 
FESTIVAL DE REYKJAVIK, MELLOR DOCUMENTAL 
FESTIVAL DE MAR DA PRATA, MENCIÓN ESPECIAL 
FESTIVAL DE CINE DE MADRID PNR, PREMIO DA CRÍTICA






Sinopse
Tras a independencia en 1991 de Kirguistán, rexorde no país a práctica coñecida popularmente como “Ala-kachuu”, que podería traducirse como "atrápaa e corre". Máis da metade das mulleres de Kirguistán están casadas cos homes que as secuestraron. Algunhas acadan fuxir tras  violentas escenas, pero moitas aceptan o  matrimonio por tradición e medo ao rexeitamento social. Malia estar considerado o rapto de noivas un crime no código penal de Kirguistán, poucas veces a lei as protexe desta violenta práctica.



ROSER  CORELLA
Directora, guionista, fotógrafa, montadora e produtora nada en Barcelona en 1978. Licenciada en xornalismo, é unha documentalista independente, actualmente residente en Berlín. Iníciase profesionalmente como vídeo-reporteira para TVC, pero o seu interese polas historias que hai tras os temas de índole global fai que comence a auto-producir e desenvolver unha visión persoal dentro do xénero documental. O seu traballo a ten levado ao redor do mundo na busca de historias que merecen ser contadas, non só como testemuña, senón tamén, para desafiar e presentar cuestións esenciais sobre as sociedades contemporáneas.
Outros dos seus traballos: Ashura, Tales from dadaab, Khulna, the saltwater empire, Fallou, Unsafe haven, aínda sen rematar, é o seu último traballo. 



Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger