PRISONERS OF KANUN de ROSER CORELLA
ESPAÑA 2014;
30' V.O.S.C.
Sinopse
Os antigos feudos de sangue arruínan vidas dende o colapso do comunismo en Albania. Moitas familias viven illadas, agochadas nas casas por temor ás vinganzas. O recuperado código ancestral do "Kanun", vixente na vida rural durante cinco séculos de ocupación estranxeira, inclúe o dereito a matar por vingar un asasinato.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:
LAST DAYS IN SHIBATI de HENDRICK DUSOLLIER
CHINA/FRANCIA 2017;
58' V.O.S.C.
PREMIO LOUIS MARCORELLES E PREMIO XURADO MOZO, FESTIVAL DE CINÉMA DU RÉEL, FRANCIA, 2017
PREMIO MELLOR DOCUMENTAL, FESTIVAL GUANAJUATO, MÉXICO, 2017
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL, IDFA, PAÍSES BAIXOS, 2017
PREMIO COMPETICIÓN INTERNACIONAL, INTERNATIONAL HUMAN RIGHTS FILM FESTIVAL VIENA, AUSTRIA, 2017
PREMIO DE OURO NA CATEGORÍA “HOUSING AND URBAN PLANNING”, DEAUVILLE GREEN AWARDS, FRANCIA, 2018
PREMIO MELLOR DOCUMENTAL, FESTIVAL GUANAJUATO, MÉXICO, 2017
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL, IDFA, PAÍSES BAIXOS, 2017
PREMIO COMPETICIÓN INTERNACIONAL, INTERNATIONAL HUMAN RIGHTS FILM FESTIVAL VIENA, AUSTRIA, 2017
PREMIO DE OURO NA CATEGORÍA “HOUSING AND URBAN PLANNING”, DEAUVILLE GREEN AWARDS, FRANCIA, 2018
Sinopse
A destrución das antigas barriadas en China reflicten as políticas urbanísticas, sociais e culturais dun país onde o vello, tradicional e histórico debe dar paso ao novo, contemporáneo e sen alma. China vai mudando, perdendo a súa historia e o seu legado.
HENDRICK DUSOLLIER
Director, guionista, montador, fotógrafo e produtor, licenciado en Historia na Sorbona e en Belas Artes en París. Iníciase no documental con Obras (2005), un percorrido polos barrios antigos en destrución de Barcelona. Unha proposta técnica e artística sen precedentes, seleccionada en Locarno, nomeada ao premio César, SCAM, e foi tamén, a curtametraxe máis premiada do ano en festivais internacionais. O seguinte traballo, Babel, acadou numerosos premios en festivais. En 2013 roda “Histoire sur les Dictateurs”, descrita por Le Monde como “un desenvolvemento histórico, técnico e artístico sen precedentes, unha obra titánica”.
Este filme é o seu último traballo.
Aí van algúns enlaces sobre o filme:

