OUAGA GIRLS de THERESA TRAORÉ DAHLBERG
BURKINA FASO/FRANCIA/SUÍZA 2017
85’ V.O.S.C.
PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL DO XURADO MOZO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BELDOCS, SERBIA, 2018
PREMIO ESPOIR. FESTIVAL FILMINISTES – CANADÁ, 2018
PREMIO CREDIF. CARTHAGE FILM FESTIVAL – TÚNEZ, 2017
PREMIO ESTOCOLMO DA REVISTA NÖJESGUIDEN – SUECIA, 2017
PREMIO ESPOIR. FESTIVAL FILMINISTES – CANADÁ, 2018
PREMIO CREDIF. CARTHAGE FILM FESTIVAL – TÚNEZ, 2017
PREMIO ESTOCOLMO DA REVISTA NÖJESGUIDEN – SUECIA, 2017
Sinopse
Na capital de Burkina Faso, Uagadugú, un grupo de mozas estudan nunha escola para converterse en mecánicas de coches. Nun país cun paro xuvenil do 52% e un triste pasado, atopar traballo é unha das grandes preocupacións da mocidade. O filme é unha poética descrición do que significa ser unha muller moza hoxe en Burkina Faso.
THERESA TRAORÉ DAHLBERG
Directora, guionista e produtora nada en 1983. Criada entre a illa sueca de Öland e Burkina Faso. Tras uns anos en Nova York traballando como asistente de directores, produción e fotógrafos, estuda produción cinematográfica na New School de Nova York, e despois na Academia de Artes Dramáticas de Estocolmo, onde vive actualmente. A curtametraxe de graduación, Taxi Sister, que segue á taxista Boury en Dakar, acadou eloxios internacionais e ten sido proxectada en festivais de todo o mundo. Durante os últimos anos ten dirixido e producido diversos proxectos entre os que destaca unha serie para a televisión pública de Suecia, Two Travelling. Tamén proxectos a medio camiño entre o cine, a arte e o documental a nivel internacional. Actualmente cursa o Máster de Belas Artes no The Royal Institute of Art de Suecia.
Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.
