APASH, OS DE FÓRA

APASH, OS DE FÓRA 88´
(¡atención! esta proxección é ás 18:00)

A realizadora viguesa Cora Peña denuncia neste documental o "paroxismo do sistema neoliberal" que ameaza a supervivencia dos indíxenas da Amazonía peruana. "Na Amazonía hai unha poboación que non comprende a nosa forma de vivir e de concibir a Natureza, coa que os indíxenas reclaman o seu dereito a manter a súa comunión espiritual".

Así describe unha das ameazas da comunidade indíxena neste país a cineasta que presentará o filme e manterá un coloquio coas persoas asistentes. 

CORA PEÑA
Licenciada en Comunicación Audiovisual (U. Complutense, Madrid). Graduada en Dirección de Fotografía (EICTV, Cuba). Actualmente realiza estudos de Grado de Antropoloxía (UNED). Ten traballado como directora, guionista, operadora e montadora free-lance e dende 2008 no marco da súa propia productora Tintimán Audiovisual

Na súa filmografía destacamos: Un país de lerias, serie para TVG (cámara, montaxe compartido), 2012. Morreu o demo, acabouse a peseta, (dirección de fotografía, montaxe), 2012. Apash, os de fora, (guión, produción, dirección, cámara e montaxe), 2011. Pacios, as fotos da memoria, (dirección de fotografía, montaxe), 2011. A maleta de Sofía, (realización, dirección de fotografía), 2010. Maybe Managua (2007). De hoxe nun ano, (realización, cámara e montaxe), 2009. Terras de Merlín, serie para TVG (realización, cámara), 2003-4. Cabo Verde, morabeza, (realización, cámara), 2002. As curtametraxes, Catro cartas (2008) e Galáctea (2001). Tamén The last patrol, mediometraxe musical (2000). 
*Prezo único deste pase, 2 euros

Podedes ollar o trailer aquí

Posted by
Fernando Llor

+Info

O VENDEDOR

 «LE VENDEUR »
(O VENDEDOR)

VOSC · Cor • 107 min.

                                                           

*GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR MELLOR ACTOR (GILBERT SICOTTE), NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BOMBAY, 2011
*PREMIO AO MELLOR MELLOR ACTOR (GILBERT SICOTTE), NOS PREMIOS JUTRA, 2012.

SINOPSE
Un vendedor de coches, a punto de xubilarse, vive unicamente para tres cousas: o seu traballo, a súa filla e o seu neto. Ten sido “vendedor do mes” durante dezaseis anos no concesionario onde traballou toda a súa vida, nunha decadente cidade industrial. Durante un inverno, mentres a importante fábrica local de papel despide a máis e máis traballadores, el ten unha cousa en mente: acadar vender os seus adorados coches americanos no seu nevado concesionario.


SÉBASTIEN PILOTE
Realizador, fotógrafo e guionista nado en St. Ambroise, una pequena vila da rexión de Saguenay, no 1973. Tras acadar o título en Arte e Cine (Universidade de Québec en Chicoutimi), traballou como programador no Festival de Curtametraxes Regard sur le court métrage e como director de reportaxes sobre asuntos públicos na television. No 2007 dirixe Dust Bowl Ha! Ha!, unha curtametraxe que pasou con sona por varios festivais: Locarno, Toronto, Bilbao, Siena, Xenebra, Guanajuato e Seúl, acadando varios premios incluído o Premio da Crítica de Québec (AQCC), no Festival de Novo Cine de Montreal; o Gran Prix Prends ça court e o Gran Premio no Festival de Curtas de Barcelona. Moi vinculado coas súas raíces, está comprometido con explorar a vida cotiá da súa rexión. Con este filme debuta na longametraxe. 
O seu último traballo é Le démantèlement.

Podedes ollar o trailer aquí

Posted by
Fernando Llor

+Info

CORAZÓN SUECO, SANGUE FINÉS

«LAULU KOTI-IKÄVÄSTÄ»
 (CORAZÓN SUECO, SANGUE FINÉS)

VOSC. COR • 90 min.

*GRAN PREMIO DO PÚBLICO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TAMPERE, 2013
* PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NÓRDICO, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE GÖTEBORG, 2013
*MENCIÓN DE HONOR NO OSLO EURODOK. NORUEGA, 2013.

SINOPSE
Un músico retirado emprende unha viaxe en coche co seu pai na busca dunha identidade ambivalente: a de ser finés criado en Suecia. Xuntos conducen dende o norte de Finlandia até o sur de Suecia para volver a visitar os lugares onde viviron dende a infancia até a adolescencia.

MIKA RONKAINEN
Realizador, produtor, compositor, montador, fotógrafo e guionista finés. Iníciase no ano 1994 coa realización de varias curtametraxes documentais até ser nomeado pola revista Variety como un dos dez directores europeos a seguir este ano. Ten dirixido documentais multipremiados como Screaming Men,Freetime Machos ou Our Summer, seleccionados en festivais como Sundance, IDFA ou Tribeca. 
Este é o seu último traballo.

Podedes ollar o trailer aquí

Posted by
Fernando Llor

+Info

O ESTUDANTE

«O ESTUDANTE»
(EL ESTUDIANTE)
   VO · Cor • 111 min.

* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, GRAN PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME, E PREMIO DO XURADO MOZO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE XIXÓN, 2011
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR PRIMEIRO FILME, MELLOR ACTRIZ E MELLOR ACTOR, NOS PREMIOS DA ACADEMIA DE ARTE E CIENCIAS DE ARXENTINA, 2011
* PREMIO AO MELLOR GUIÓN, MELLOR PRIMEIRO FILME, E MELLOR ACTOR, DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS DO CINE ARXENTINO, 2011
* PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA E PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE BOS AIRES, 2011
* PREMIO AO MELLOR FILME E MELLOR ACTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE CARTAXENA, 2012
* PREMIO AO MELLOR DIRECTOR, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE LIMA E LLEIDA, 2012

SINOPSE
Un mozo do interior chega a Bos Aires para cursar estudos universitarios. Non pasa moito tempo até que descobre que non quere estudar. Sen vocación nin rumbo, dedícase a deambular pola facultade, a facer amizades, a mocear. Unha profesora adxunta introdúceo na militancia política.

SANTIAGO MITRE
Guionista, realizador, actor e montador nado en Bos Aires no 1980. Moi vinculado ao cine no seu país dende moi mozo, foi co-guionista de filmes tan coñecidos como Carancho ou Leonera. Escribe e dirixe a curtametraxe O escondite (2002). É tamén un dos catro directores do filme O amor (1ª parte), BAFICI 2004, Venecia 2004.
Esta é a súa primeira longametraxe en solitario. O seu último traballo é Os posibles (2013)


Podedes ollar o trailer aquí

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger