MATTERHORN (MATTERHORN)
HOLANDA 2013;
87 minutos/ COR V.O.S.C.

-PREMIO Á MELLOR LONGAMETRAXE DE FICCIÓN NA DÉCIMO PRIMEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E ARTES ESCÉNICAS GAY-LESBO-TRANS DE BILBAO ZINEGOAK, 2014
-PREMIO PILAR MIRÓ AO MELLOR DIRECTOR NOVO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VALLADOLID, 2013
-PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR FILME NOS FESTIVAIS INTERNACIONAIS DE CINE DE MOSCOVA, E ROTTERDAM, 2013
SINOPSE
Un devoto viúvo calvinista leva unha vida respectable e aburrida dende que botou fóra o seu único fillo. De repente chega Theo, un adulto cunha idade mental de cinco anos. El sente a paternidade de novo, é protector e mesmo o coida do acoso dos mozos e do pretensioso e fanático sacristán. Cando Theo pide casar con el, os segredos e remordementos máis escuros de ambos homes saen.
MICHIEL REICHWEIN
Director, guionista, actor, compositor e produtor nado en Enschede, Overijssel, Holanda, no 1969. Estuda na School for Drama & Contemporary Music Theatre. É un actor e guionista moi coñecido por Alles is familie (2012). Ten dúas curtametraxes como director, Naked (2006), e Succes (2008). Logo un filme para a televisión, Gewoon Hans (2009).
Con este filme debuta na longametraxe. O seu último traballo é Hartenstraat (2014), como actor.
Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=HwJwHHWiez0
Posted by
Fernando Llor


