MAREA BAIXA


LOW TIDE 

(MAREA BAIXA) 
USA/ITALIA/BÉLXICA 2012





PREMIO ESPCIAL DA FUNDACIÓN CHRISTOPHER D. SMITHERS, NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VENECIA, 2012

SINOPSE
Un neno e a súa nai, solteira, viven vidas paralelas. El pasa os días só, mentres ela traballa e sae coas amizades. A soidade do rapaz é unha fonte de liberdade, pero tamén de tristeza. As súas exploracións sacan lentamente á luz os escuros contrastes que existen entre as regras sociais e as leis da natureza.


ROBERTO MINERVINI

Guionista, realizador, produtor e montador italiano. Cursou estudos na New School University, de Nova York, e de Historia do Cine na Universidade Autónoma de Madrid.

Iníciase profesionalmente coas curtametraxes, Voodoo Doll, Come to Daddy, Notes (2005), As bacalouras (2006). Este filme forma parte dunha triloxía sobre Texas coa que debuta na longametraxe, The Passage (2011), foi a primeira, e a remata co seu último traballo Stop the Pounding Heart (2013), aínda sen estrear no noso país.


Podedes ollar o tráiler en: https://www.youtube.com/watch?v=pUW-wJmPtOc

Posted by
Fernando Llor

+Info

Camiño do paraíso/Sobresaltos


SUR  LA  ROUTE  DU  PARADIS 
                       (CAMIÑO   DO   PARAÍSO)                    FRANCIA/MARROCOS  2011;






PREMIO FIPRESCI Á MELLOR CURTAMETRAXE E PREMIO MUHR ARAB, NO FESTIVAL INTERNATIONAL DE CINE DE DUBAI, 2011



SINOPSE

Leila e seus dous fillos deixan o seu país para instalarse en Francia. Non ten papeis, intenta reunirse co seu marido refuxiado en Inglaterra, quere dar unha vida mellor ós seus e esfórzase en crialos na clandestinidade. Cando localiza o seu home e xa ten os cartos, o cerco se estreita.



UDA BENYAMINA

Directora, guionista e produtora marroquí, nada en 1981. Trasládase a París e dende alí, frecuenta numerosas escolas de dirección, l'ERAC (Ėcole Régionale d'Acteurs de Cannes), l'Accademia di Minsk en Bielorrusia e a prestixiosa Actor's Studio en Nova York. Dirixe varias curtametraxes, este é o seu ultimo traballo

podedes ollar o tráiler e as declaracións da directora no festival de Tánxer en:


MKHOBBI  FI  KOBBA
(SOBRESALTOS)    
TÚNEZ  2011   




PREMIO MELLOR CURTAMETRAXE NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DO MEDITERRÁNEO DE TETUÁN E NO FESTIVAL PREMIERS PLANS D’ANGERS 2012



SINOPSE

Nos fogares da burguesía tunecina trátase de ocultar calquera circunstancia dramática. Cando unha moza regresa a casa magoada tras unha agresión, a familia axúdaa pero tamén a fai sentir culpable.



LEYLA BOUZID

Directora e guionista nada en Túnez. Tras licenciarse trasládase a París para estudar literatura francesa. Estuda Dirección na FEMIS de París. No 2006 co-dirixe a curtametraxe Sbeh el Khir. No 2008 roda o documental La tête qu’elle veut, e no 2010, a curtametraxe Un ange passe. Este é o seu último traballo.

podedes ollar o tráiler en:


Posted by
Fernando Llor

+Info

A educación de Auma Obama


THE  EDUCATION OF AUMA OBAMA  

(A EDUCACIÓN DE AUMA OBAMA)

ALEMAÑA/NIXERIA    2011    




PREMIO AO MELLOR FILME DA ACADEMIA DO CINE AFRICANO, 2012

FILME GAÑADOR NOS ANXOS PAN AFRICAN FILM FESTIVAL, 2012

PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL NO FESTIVAL DE DOCUMENTAIS FOUNDERS, 2011 



SINOPSE

Este documental achéganos á vida e contorno da media irmá de Barack Obama, contado dende a súa residencia en Kenya durante a campaña electoral de 2008 nos EE UU. Auma encarna a muller poscolonial e feminista no seu país natal. O filme amosa tamén a unha xeración de africanos comprometidos política e socialmente, cuxas aspiracións están baseadas na experiencia do seu país e que esperan construír un futuro mellor empezando dende cero.



BRANWEN OKPAKO

Directora, guionista, montadora, produtora e fotógrafa nada en 1969, en Lagos, Nixeria. Iníciase en 1995, coa curtametraxe Landing. No 1998, filma outra curtametraxe, Love Love Liebe. No 2000, dirixe un filme para a televisión Dreckfresser. No 2003, debuta na longametraxe con Tal der Ahnungslosen.

O seu último traballo na dirección é a curtametraxe Curse of   Medea (2014)

Podedes ollar entrevista e o tráiler en:

 https://www.youtube.com/watch?v=OGGEhfQWmio

Posted by
Fernando Llor

+Info

Jeppe on a friday

 JEPPE  ON  A  FRIDAY

(JEPPE  ON  A  FRIDAY) 

CANADÁ/SUDÁFRICA  2012   


SINOPSE
Unha cidade pode descubrirse a través das novas, das estatísticas de homicidios e mesmo nas grandes recadacións de Hollywood. Pode explorarse mediante unha viaxe guiada, dende un coche coas ventás subidas ou a través da política e da historia. Neste filme as realizadoras exploran algo diferente, un Xohanesburgo que esmaga as persoas que a ocupan. O resultado é un retrato íntimo e tranquilo de cinco persoas de Jeppe, un barrio vido a menos do centro da cidade. No seguimento durante un día da súa vida, van revelando texturas específicas da cidade, ao tempo que nos descobren experiencias humanas universais: o amor pola súa familia está detrás do éxito do restaurador Arouna; a nostalxia une a Ravi coa súa poeirenta tenda de marcos; a ambición empuxa a JJ no seu implacábel desenvolvemento inmobiliario; a tradición é o máis importante para Robert e o seu coro de homes zulús, e a filosofía cotiá impulsa a Vusi no seu afán de reciclaxe. Jeppe un venres baséase nunha rica tradición de cine urbano e ofrece unha visión da vida en Xohanesburgo que desmitifica una, a miúdo, desprestixiada metrópole dominada polos homes.


SHANNON WALSH

Realizadora, guionista e produtora canadense nada en 1976. Iníciase como documentalista no 2009 con H2Oil. No 2011, dirixe À St-Henri, le 26 août.

Este é o seu último traballo.



ARYA LALLOO

Realizadora que debuta con este traballo. É o último.


Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger