Yes, we fuck


YES, WE FUCK 

(YES, WE FUCK) 
              ESPAÑA 2015               








SINOPSE 
Seis historias de sexo e diversidade funcional. O documental amosa historias reais e diversas onde o sexo se converte nunha arma de pracer a prol dos dereitos individuais e colectivos das persoas. Máis alá do sexo, neste proxecto amósase non só que pode facer a sexualidade polas persoas con diversidade funcional, senón tamén que pode achegar a realidade da diversidade funcional á sexualidade en xeral.


ANTONIO CENTENO ORTIZ 
Realizador e guionista nado en 1971 en Montcada i Reixac, vive en Barcelona dende 1999. Adquiriu diversidade funcional (tetraplexia) con trece anos. Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Barcelona, exerceu como profesor nesta disciplina na Educación Secundaria dende 1998 até 2010. Membro do Foro de Vida Independente e Divertad dende 2004, forma parte do Consello Asesor de SOLCOM. Foi un dos membros do FVID que puxeron en marcha en 2006 a Oficina de Vida Independente . Colabora nos portais Social.cat e Dereitos Humanos con artigos de opinión. Impulsa proxectos deste tipo ou "o colectivo" en torno á cadeira que aborda o deseño libre e colaborativo de produtos de apoio. Recentemente participou na elaboración de “Nexos”, audiovisual de post-porno tolleito.
É o seu último traballo.

RAÚL DE LA MORENA 
Realizador, montador e guionista nado en Santa Coloma de Gramenet. En 2001 iníciase en producións independentes cun marcado carácter social. Dende 2005, tras a rodaxe do documental Editar unha vida, toma conciencia da loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional e dende ese momento colabora esporadicamente en actos do Foro de Vida Independente. Outros dos seus traballos son: Fent Freaks (2005), 3ra. Fase (2006), Dones contra el Franquisme (2006), Feldpost 23558 (2007), Tsitsanu, camina! (2009).




Podedes ollar teaser e o tráiler do filme en:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Convicto


STARRED UP 

(CONVICTO) 
REINO UNIDO 2013









PREMIO DA AUDIENCIA E MENCIÓN ESPECIAL DA PRENSA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE LES ARCS, 2013
PREMIO MELLOR DISEÑO DE SON, NOS PREMIOS DO CINE EUROPEO, 2014
PREMIO NATIONAL BOARD OF REVIEW, AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK O CONNELL, 2014
PREMIO AO MELLOR ACTOR REVELACIÓN, JACK OCONNELL, DOS CRÍTICOS DE CINE DE CHICAGO, 2014
PREMIO AO MELLOR FILME NOS PREMIOS BAFTA DE ESCOCIA, 2014



SINOPSE 

Un adolescente violento e con problemas sociais é transferido a toda présa a unha prisión para adultos. Alí convértese no candidato ideal para a rehabilitación. É admitido nun programa de control da ira dirixido polo terapeuta da prisión que tratará de axudalo, ao tempo que se axuda a si mesmo.


DAVID MACKENZIE
Guionista, realizador e produtor escocés nado no 1966. Saltou ao panorama internacional tras o filme Adam Young (2003), unha adaptación da novela de Alexander Trocchi; logo viñeron, Asylum (2005) e Hallam Foe (2007). Debuta en Hollywood con Spread (2009). Posteriormente, regresa a Escocia para dirixir Perfect Sense e You Instead (2011).
Xunto a Gillian Berrie monta a produtora Sigma Films que, ademais de producir filmes propios, traballaron con directores como Andrea Arnold en Red Road ou Lars von Trier en Dogville, así como na creación da produción e postprodución das instalacións de cine da cidade de Glasgow
O seu último traballo aínda sen estrear é Comancheria.






Podedes ollar entrevista co director e tráiler do filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Meus fillos



DANCING ARABS 

(MEUS FILLOS)
ISRAEL 2014




SINOPSE
Un mozo palestino nado na cidade de Tira a mediados dos anos setenta acada una bolsa nun exclusivo e afamado colexio xudeu en Xerusalén. É o primeiro árabe que estuda alí, así que trata de encaixar con todo o que pode entre os seus compañeiros e coa nova sociedade. Malia o seu esforzo non acada a aceptación desexada. Cegado pola ambición entende que terá que tomar unha decisión que pode mudar a súa vida para sempre.

ERAN RIKLIS
Guionista, produtor, fotógrafo, actor e director nado en Xerusalén en 1954. 
Iníciase profesionalmente no cine en 1975. Ten dirixido e producido numerosos telefilmes, series de éxito e documentais.; Creceu entre Estados Unidos, Canadá e Brasil. É graduado en Cine pola Escola Nacional de Cine de Beaconsfield, Inglaterra, en 1982. Debuta na longametraxe con On a clear day you can see Damascus (1984), “thriller” político baseado nunha historia real. Sete anos máis tarde filma Cup final, valorada pola crítica internacional e seleccionada para varios festivais. No ano 1993 realiza Zohar, co que acada un inmenso impacto en Israel. Con Vulcan junction (1999), fai unha homenaxe ao rock and roll, antes de filmar A noiva siria (2004). Logo viñeron Os limoeiros (2008), A viaxe do director de recursos humáns (2009), Playoff (2011). Zaytoun (2012).
Love Letters to Cinema (2014), unha curtametraxe, é, até o momento, o seu último traballo na dirección

Podedes ollar o tráiler do filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

O bo fillo



THE GOOD SON 

(O BO FILLO) 
                ISRAEL 2014                




SINOPSE

Que pasa na cabeza dun mozo que decide cumprir o seu soño a calquera prezo? Onde está o límite entre a realización persoal e a fidelidade e honestidade cara a súa familia?
Amosamos a incrible historia de Or, un mozo de vintedous anos que, mentindo a uns pais moi conservadores, decide seguir adiante. Un retrato sobre o medo, a dúbida, a importancia da familia e a forza de vontade de ser un mesmo.




SHIRLEY BERKOVITZ 

Directora, guionista, fotógrafa e produtora nada en Tel Aviv. Estuda cine na Beit Berl Arts College en Israel, onde dirixe e produce a súa primeira curtametraxe Blocked. Debuta na longametraxe con Documental 100%. O seguinte documental The Way Up (2009), acadou varios premios en numerosos festivais internacionais e foi nomeado para un Premio da Academia do cine de Israel no 2010. Actualmente traballa como editora e directora de proxectos independentes, tamén como titora e formadora en grupos xuvenís e seminarios sobre cine e medios de comunicación.
Este é o seu último traballo



Podedes ollar entrevistas e o tráiler do filme en:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger