The revolution won't be televised



THE REVOLUTION WON’T BE TELEVISED



SENEGAL  2016;  110’  V.O.S.C.
















PREMIO FIPRESCI NA BERLINALE 2016
PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CARTAGO 2016




SINOPSE
Cando o presidente senegalés Abdoulaye Wade intentou ocupar de novo o poder en 2011, xurdíu un movemento de resistencia nas rúas de Dakar. Pouco despois, un grupo de amigos, entre eles os rapeiros Thiat e Kilifeu, fundan o colectivo “Y’en a marre” (estamos fartos), ao que se vincula esta cineasta para empezar a documentar os acontecementos e investigar sobre o activismo dos rapeiros e a súa influenza na movilización da mocidade africana alzada contra estes presidentes que aspiran a un tercer mandato.




RAMA THIAW
Directora, guionista, montadora e produtora nada en Nouakchott (Mauritania), no 1978. Escribe, dirixe e produce todos os seus traballos até agora, o anterior, Boul Falle (O camiño da loita), producido tamén por Philippe Lacôte no 2009. O seu último traballo é Sion Música, aínda sen rematar.


Aí van algúns enlaces sobre o filme:




Posted by
Fernando Llor

+Info

Mysterious object at noon

DOKFA NAI MEUMAN 

(MYSTERIOUS  OBJECT  AT  NOON) 
TAILANDIA    2000;  83’  V.O.S.C.














2000: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE VANCOUVER, MENCIÓN ESPECIAL
2001: FESTIVAL YAMAGATA, PREMIO NETPAC, AO DIRECTOR
2001: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE JEONJU, PREMIO WOOSUK AO DIRECTOR




SINOPSE
Filme que xoga coa ficción e o documental. Un equipo de rodaxe vai percorrendo de norte a sur as comunidades rurais de Tailandia entrevistando ao seu paso a unha serie de persoas ás que invita a poñerse diante da cámara. Como xogando ao “cadáver exquisito”, cada personaxe inventa sucesivamente as peripecias dun relato insólito. 




 

APICHATPONG WEERASETHAKUL
Director, guionista, montador, produtor e fotógrafo nado en Bangkok en 1970. Iníciase no mundo audiovisual en 1994 coa realización de curtametraxes. É considerado como un dos cineastas máis orixinais do cine contemporáneo. Os seus traballos son recoñecidos mundialmente e teñen acadado os premios máis desexados. Entre os seus filmes destacamos, Blissfully yours (2002), Síndromes dun século (2006), Uncle Boonmee, recorda as súas vidas pasadas, (2010). É considerado tamén un artista plástico moi influínte; as súas instalacións artísticas teñen percorrido os museos de todo o mundo dende 1998. Nesta disciplina foi galardoado en 2013, co premio da Biennale de Sharjah, e no 2014, co premio de Yanghyun en Corea do Sur. Líricas e misteriosas, fascinantes, raramente lineais, as súas obras establecen unha confluencia coa memoria evocando de xeito sutil e persoal, cuestións políticas e sociais. Traballa á marxe da industria cinematográfica tailandesa, e está moi implicado na promoción do cine experimental e independente a través da súa produtora Kick The Machine Films, fundada en 1999. Este foi o seu debut na longametraxe. Un filme restaurado por Film Foundation presidida por Martin Scorsese e The Austrian Film Museum.
Cemetery of Splendor (2015), é o seu último traballo como director.



Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Next

NEXT (NEXT) USA/ESPAÑA  2015;  72 ’ V.O.S.C.















2015: PREMIO ESPECIAL DO XURADO NO FESTIVAL DE CINE DE MÁLAGA
2015: PREMIO PRIMEIRA VOLADA, OUTORGADO POR O PÚBLICO EN FINESTRA JOVE, DA MOSTRA FILMS DE DONES, DE BARCELONA.





SINOPSE
Exploración das nenas e adolescentes –dende os 6 aos 16 anos– que se mudan aos Ánxeles para acadar un soño universal: ser actrices famosas. Todos os días chegan ao aeroporto felices e contentas, ensaiando audicións na cola do supermercado. Veñen de cidades do medio oeste onde nunca pasa nada. A vida transcorre entre cuartos alugados, axentes, rodaxes, e as clases de actuación. Buscan o anaco do pastel que todos os días prometen na televisión.



ELIA URQUIZA 
Directora, guionista, montadora, produtora e fotógrafa.
Estuda Dirección de Cine na Escola CalArts de California. Ten dirixido numerosos documentais e varias curtametraxes de ficción durante máis dunha década. Como produtora, ten traballado en publicidade e televisión.
Este é o seu último traballo como directora.

Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Boi Neon


NEON BULL (BOI NEON) BRASIL 2015; 107’ V.O.S.C.
















2015: FESTIVAL DE VENECIA (SECCIÓN HORIZONTES): PREMIO ESPECIAL DO XURADO
2015: FESTIVAL DA HABANA, PREMIO CORAL ESPECIAL DO XURADO
2015: FESTIVAL DE MARRAKECH, MELLOR DIRECTOR
2015: FESTIVAL DE HAMBURGO, PREMIO DA CRÍTICA
2015: FESTIVAL DE CINEMA LUSO-BRASILEIRO DE SANTA MARIA DA FEIRA PREMIO MELLOR FILME, DOS CINE CLUBS E DA CRÍTICA
2015: FESTIVAL DE NANTES TRES CONTINENTES, MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR
2015: FESTIVAL DE TORONTO, MENCION ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR
2015: FESTIVAL DE TRANSILVANIA, PREMIO FIPRESCI AO MELLOR DIRECTOR
2015: FESTIVAL DE RÍO DE XANEIRO: MELLOR ÓPERA PRIMA, MELLOR GUIÓN, MELLOR ACTRIZ DE REPARTO, ALYNE SANTANA, MELLOR FOTOGRAFÍA
2016: FESTIVAL ADELAIDE MELLOR FILME
2016: FESTIVAL CARTAXENA MELLOR FILME
2016: FESTIVAL GUADALAXARA, SEGUNDO PREMIO DO XURADO AO MELLOR FILME
2016: FESTIVAL LATINOAMERICANO DE LIMA, MELLOR FOTOGRAFÍA






SINOPSE
O protagonista traballa no tradicional rodeo do noroeste do Brasil. A súa casa é o camión que transporta os animais dun a outro show e que comparte cos seus compañeiros: o seu compadre, unha bailarina exótica e condutora de camións, e a súa filla Cacá.



GABRIEL MASCARO
Director, actor, escenógrafo, artista visual, guionista e produtor nado en Recife en 1983. Graduado en Comunicación Social na Universidade Federal de Pernambuco. Iníciase profesionalmente como realizador de documentais en 2008, acadando numerosos premios. Dáse a coñecer internacionalmente co filme Ventos de Agosto (2014), premiada no Festival de Locarno ese ano e cun longo percorrido de premios nos mellores festivais internacionais de cine. Ten realizado exposicións, instalacións e performances artísticas para diversos museos internacionais de arte. Forma parte dunha recente xeración cunha forte presenza no cinema independente do seu país. Este é o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger