Aquí e agora

AQUÍ    Y   AHORA   de   PAZ   LEÓN   
(AQUÍ  E  AGORA)  
COSTA RICA     2018;     80'     V.O.S.C.










PREMIO LATIN-AMERICAN WORK IN PROGRESS, FESTIVAL DE CINE DE VIÑA DO MAR


SINOPSE
Unha bailarina de danza contemporánea insegura do seu talento, pero que vive para bailar. A súa  vida muda cando acada unha bolsa  para ser parte dunha compañía de danza en Berlín. Este soño para o que ven traballando tanto, é tamén un  conflito interno polo que deberá abandonar a súa zona de comodidade.

PAZ  LEÓN   
Realizadora, guionista, actriz, directora de arte, montadora e produtora nada en San Xosé, Costa Rica. Viviu cinco anos en Lyon, Francia onde estudou Literatura Moderna e Cine. No 2009 escribe e dirixe En Espera, unha curtametraxe que a permite ingresar no American Film Institute para facer unha mestría en Dirección de cine. Ten dirixido seis curtametraxes e foi asistente do director Costarricense Hernán Jimenez nos filmes A ollos pechados, O Regreso e Entón nós.
Con este filme debuta na  longametraxe, é tamén o seu último traballo.




Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

Fourteen


FOURTEEN   de   DAN   SALLITT
(FOURTEEN)
USA   2019;  94'  V.O.S.C.









 

           PREMIO AO MELLOR FILME E MENCIÓN ESPECIAL AO DIRECTOR NO URUGUAY INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019
           PREMIO AO MELLOR GUIÓN NO WEYAUWEGA INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019







SINOPSE
Retrato da vida ao longo dunha década, de dúas mozas nos vintetantos anos,  amigas dende o instituto. A medida que os traballos, os mozos e os apartamentos van e veñen, o seu poderoso vínculo se estira pero nunca racha por completo.






DAN  SALLITT
Guionista, montador, actor e realizador estadounidense. Formado na Universidade de Harvard  e  na  escola  de  teatro, cine e televisión da UCLA. Traballou    durante    anos como  crítico  de  cine  en  Los  Angeles  Reader. Debuta  como  director  no  1986  coa longametraxe Polly Perverse Strikes Again! acadando sona internacional. Honeymoon (1998),   foi   o  seguinte  traballo. Logo   viñeron,  All  the  Ships  at   Sea   (2004), The Unspeakable Act (2012), e a curtametraxe Caterina (2019), que é tamén o seu último traballo.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:


Posted by
Fernando Llor

+Info

Cando fomos meigas


THE   JUNIPER   TREE  de  NIETZCHKA  KEENE
(CANDO FOMOS MEIGAS) 
ISLANDIA  1990;  78'  V.O.S.C.

  

    








PREMIO DO PÚBLICO NO FESTIVAL DE FILMES DE MULLERES EN 1990 E  MELLOR ÓPERA PRIMA NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE TROIA (PORTUGAL) EN 1991.





SINOPSE
Baseado nun conto dos Irmáns Grimm.
A finais da Idade Media, a moza Margit e a súa irmán maior Katla, fuxen ás montanas trala morte da nai, queimada por bruxería.  Atopan refuxio cun viuvo que vive co seu fillo pequeno.




NIETZCHKA  KEENE
Realizadora, guionista, montadora e produtora nada en 1952 cerca de Boston, Massachusetts. Licenciada en Lingüística Xermánica no 1975, en Amherst e, catro anos despois, un máster en produción cinematográfica na UCLA. Na a súa estancia na UCLA traballa como asistente de investigación no departamento de linguas nórdicas antigas e lingüística, dedicado ás primeiras testemuñas escritas en lingua escandinava medieval. Iníciase na industria do cine como montadora e, ocasionalmente, como proxeccionista. Durante eses anos realiza tres curtametraxes. No 1986, acada unha bolsa do Programa Fulbright para investigar en Islandia e preparar a produción desta longametraxe. Tras realizar a curtametraxe, Aves (1994), inicia a rodaxe de Heroine of Hell, (1996), longametraxe na que mestura a iconografía medieval cunha historia moderna.
No 1995, traballa como profesora de cine na Universidade de Wisconsin-Madison, aínda que sigue rodando, Belle, inspirada na historia real de Belle Gunness, unha asasina en serie de principios do século XX. Un proxecto sen rematar pola precipitada morte da cineasta. Barefoot to Jerusalem (2001), foi o seu último traballo, rematado no 2008, catro anos despois da súa morte.





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info

O bailarín

THE  WHITE  CROW    de   Ralph   Fiennes
(O  BAILARÍN)
R.U.      2018;     127'    V.O.S.C.














SINOPSE

Baseado na novela de Julie Kavanagh, o filme narra a vida do bailarín Rudolf Nureyev, cando sae de viaxe por primeira vez fóra da Unión Soviética como membro da prestixiosa Kirov Ballet Company. Aínda que a KGB segue os seus pasos, e a pesares do gran risco que supoñía entón a deserción,  fuxe, e toma unha decisión que muda a súa vida para sempre.
                  

                                                                   



RALPH  FIENNES

Guionista,  produtor e realizador nado 1962 en Suffolk, (Inglaterra - Reino Unido). Fillo dunha escritora e dun fotógrafo, é o maior de seis irmáns. Estuda interpretación na Real Academia de Arte Dramático de Londres tras rexeitar o seu primeiro obxectivo profesional de convertirse en pintor, de feito, tiña iniciado estudos de pintura na Universidade de Belas Artes de Chelsea.

A finais dos anos 80 debuta no teatro actuando nas compañías Royal National Theatre e Royal Shakespeare Company. Despois iníciase no cine cunha adaptación da novela de Emily Brönte, Cumbres Borrascosas (1992), dirixida por Peter Kosminski.  Salta á fama internacional polo seu traballo no filme de Steven Spielberg A lista de Schindler (1993), co que foi nomeado ao Oscar por primeira vez na categoría de mellor actor secundario, feito que repetiría, como actor principal, no O doente inglés (1996).
Actor de títulos tan coñecidos como Quiz Show (1994), Spider (2002), O dragón vermello (2002), O xardiñero fiel (2005), entre outros. 

Na dirección debuta con Coriolanus (2011). Logo rodou A muller invisibel (2013).

Este é o seu último traballo como director. 





Aí van algúns enlaces sobre o filme:

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger