Un conto de tres irmáns

KIZ  KARDESLER   de    EMIN   ALPER

(UN CONTO DE TRES IRMÁNS)  

TURQUÍA/ALEMAÑA/GRECIA/PAÍSES BAIXOS 2019; 108’ V.O.S.C.

          



                             






2019:  PREMIO MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL DE CINE DE SARAXEVO

2019: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ESTAMBUL,  MELLOR  FILME, MELLOR DIRECCIÓN,  MELLOR ACTRIZ, MELLOR BANDA SONORA E PREMIO FIPRESCI

 



 

SINOPSE

Anos 80. Tres irmáns viven co seu pai nunha remota aldea de Anatolia Central. Unha tras outra, son enviadas á cidade a traballar como asistentas en familias adoptivas acomodadas coa esperanza de que poidan acadar unha vida mellor.  Tras un tempo, as tres se ven na obriga de voltar á casa familiar por circunstancias diversas. Por primeira vez en varios anos, as tres están xuntas e así terán  que enfrontarse á nova contorna.

 

 



 

 

EMIN   ALPER

Director, actor, guionista e produtor, nado en 1974 en Ermenek, Karaman. Formado en Economía e Historia na Universidade Bogazici-Estambul, é  doutor en Historia Moderna de Turquía. A súa primeira longametraxe "Beyond the Hill" (2012), acadou numerosos premios. Logo rodou "Frenesí"  (2015), estreada no Festival de Cine de Venecia onde acadou o Premio Especial do Xurado.

Ven mesturando a súa carreira cinematográfica, coa docencia de Historia Moderna no Departamento de Humanidades e Ciencias Sociais na Universidade Técnica de Estambul.

Este é o último traballo.






Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

23 paseos

23  WALKS   de   PAUL  MORRISON 

(23 PASEOS ) 

R.U.  2020;   102’   V.O.S.C.       

    









SINOPSE

Un home e unha muller de certa idade entablan unha relación mentres pasean aos seus cans. Ao longo destes vintetrés paseos florece algo máis cunha amizade, aínda que a falta de honestidade nas conversas, e os secretos que agochan, farán peligrar o seu futuro.

 




PAUL  MORRISON 

Director, produtor e guionista nado en Londres no 1944.  Iníciase na profesión como documentalista, The Night Show: Lucrezia Borgia Reveals All (1994), e coas curtametraxes Degas and Pissarro Fall Out (1994) Unstable Elements (1988), From Bitter Earth (1989), tamén series  para a televisión. Unha da as súas longametraxes máis coñecidas é  Solomon&Gaenor (1999), nomeada ao  Óscar no 2000. Logo dirixe Wondrous Oblivion (2003), Sin límite (2007), Little Ashes (2008).

Este é o seu último traballo.






Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Entre nós

DEUX  

(ENTRE  NÓS)   de   FILIPPO  MENEGHETTI

FRANCIA  2019;  95’ V.O.S.C.






                             





MONTCLAIR FILM FESTIVAL (MFF) 2020, PREMIO DA AUDIENCIA AO DIRECTOR

MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020, PREMIO FIPRESCI E PREMIO DA AUDIENCIA AO MELLOR DIRECTOR E MELLOR FILME

FRAMELINE SAN FRANCISCO INTERNATIONAL LGBTQ FILM FESTIVAL 2020,  PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL

DUBLIN INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020,  PREMIO DA CRITICA DE CINE Á MELLOR ACTRIZ, BARBARA SUKOWA
FEST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020,  PREMIO DO XURADO AO MELLOR DIRECTOR NOVEL, PREMIO MERLINKA QUEER FILM AO MELLOR FILME E MELLOR FOTOGRAFÍA

ANGERS EUROPEAN FIRST FILM FESTIVAL 2020, PREMIO AO MELLOR FILME

 




SINOPSE
Dúas mulleres xubiladas viven un amor secreto dende fai décadas. De cara á xente non son máis que dúas veciñas, veñen e van dunha casa á outra compartindo os agarimos dunha vida en común. Un suceso inesperado da un xiro na as súas vidas.





FILIPPO MENEGHETTI
Director, guionista e produtor nado en Roma no 1980. O seu interés polo cine xurde cos seus amigos da mocidade, cos que iba ás salas, intercambiaban vídeos, revistas, etc. Viaxa a Nova York, querendo aprender máis do cine e do país. Visitaba horas as rodaxes e os estudos amateurs ou estudiantís. De volta a Italia estuda cine e antropoloxía na Sapienza University . Iníciase na dirección co documental Maistrac: lavorare in Cantiere (2009). Logo viñeron as curtametraxes O intruso, Undécimo (2012) e A besta (2018). Trasládase a Francia onde debuta na longametraxe co filme Two of Us (2019).

Este filme é o seu último traballo.




                                   


Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

O demo entre as pernas

EL  DIABLO  ENTRE  LAS  PIERNAS  

(O DEMO  ENTRE AS PERNAS)  de  ARTURO RIPSTEIN

MÉXICO   2019;  147’  V.O.


                             






2020: FESTIVAL DE MÁLAGA: MELLOR DIRECCIÓN

 





SINOPSE

Cada día Beatriz é vellada por parte da a súa parella, un home celoso, do que non fuxe pola dependencia. Ela non é capaz de imaxinar unha vida distinta. Unha noite sae da casa sen rumbo cun só propósito: ter sexo.

 




ARTURO RIPSTEIN

Director, montador, actor, guionista e produtor, nado en México D.F. en 1944. Iníciase na profesión moi mozo, familiarizado polo seu pai que era produtor de cine. Con quince anos, tras presenciar a rodaxe de Nazarín, coñece a Luis Buñuel, co que desenvolve unha estreita relación mestre-alumno. No 1965, cun guión de Gabriel García Márquez e Carlos Fuentes, debuta na longametraxe: Terror de morrer. A década dos setenta foi unha das etapas máis prolíficas da a súa carreira, os seus filmes forman parte dos máis importantes do cine mexicano contemporáneo, entre eles: O castelo da pureza (1972), Un lugar sen límites (1977), Cadea perpetua (1978).

Unha das ferramentas que utiliza é o plano-secuencia, e son notorios os temas que elixe, a soidade das almas e a imposibilidade de mudar a propia natureza. Considerado como un cineasta controvertido, ven sendo amado e odiado a partes iguais.

No 1997, acada o Premio Nacional de Ciencias e Artes na área de Belas Artes; é o segundo cineasta en México en acadalo, o primeiro foi Luis Buñuel.

Este é o último traballo.





Enlaces sobre o filme: 

 

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger