O EMBIGO DE GUIE’DANI

XQUIPI' GUIE'DANI   de   XAVI  SALA

(O EMBIGO DE GUIE’DANI) 

MÉXICO   2018;    119’    V.O.S.C.


                     








FESTIVAL DE CINE IBEROAMERICANO DE HUELVA: PREMIO RADIO EXTERIOR 2.018

FESTIVAL DE MORELIA: MENCIÓN ESPECIAL Á MEJOR ACTRIZ, SÓTERA CRUZ, 2.018

 

                                              

 

 

SINOPSE

Unha nai e a súa filla marchan da vila na que viven na busca de novas oportunidades como empregadas domésticas na casa dunha familia ben posicionada na cidade de México. A moza rexeita a vida de servidume e trata de atopar a súa propia identidade.

 

 

 

 

XAVI  SALA

Director, montador, fotógrafo, produtor e guionista nado en Alicante 1971 e  nacionalizado mexicano.

Licenciado en Periodismo, ten un puñado de curtametraxes coas que participa en máis de trescentos festivais de todo o mundo, acadando numerosos premios  e a sona internacional.

Ten tamén ampla experiencia docente como profesor de guión en Latinoamérica, España e África.

Con este filme debuta na longametraxe, é o seu ultimo proxecto.  





Enlaces sobre o filme: 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Slalom

SLALOM  de    CHARLÈNE FAVIER
(SLALOM)
FRANCIA/BÉLXICA 2020; 92’ V.O.S.C.











PREMIO CINECLUBS NO FESTIVAL REC 2020
PREMIOS DO XURADO MOZO E DO PÚBLICO NO FESTIVAL OHLALÀ! 2020
PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO DEAUVILLE FILM FESTIVAL 2020
PREMIO NOITES NEGRAS DE TALLÍN Á MELLOR DIRECCIÓN 2020
PREMIO A MELLOR ACTRIZ NOÉE ABITA, NOS PREMIOS LUMIÉRE DO CINE FRANCÉS 2021

 

 

 

 

SINOPSE

Unha moza de quince anos ingresa nunha das escolas de esquí máis prestixiosas de Francia nunha illada vila nos Alpes, alí terá que vivir lonxe da a súa familia e amizades. Ela compensa a  falta de experiencia cunha rebeldía innata que chama a atención dun ex campeón que decide adiestrala e levala ao máis alto do podio.

 

 

 

 

 

CHARLÈNE  FAVIER

Directora, guionista e produtora nada en Lyon, Francia, en 1985. Iníciase como curtametraxista no 2010 con “Lili j'étais”.

Este filme é o seu debut na longametraxe e o seu  último traballo.

https://www.esquinadacultura.com.br/post/critica-slalom-ate-o-limite-traz-temas-pesados-de-maneira-crua-e-fria 

Posted by
Fernando Llor

+Info

Paxaros Enxaulados

BIS WIR TOT SIND ODER FREI AKA  de  OLIVER  RIHS

(PAXAROS ENXAULADOS)  

ALEMAÑA   2020;   118’   V.O.S.C.














PREMIO Á MELLORE ACTRIZ,  MARIE LEUENBERGER, E Á MELLOR PRODUCIÓN NO TALLINN BLACK NIGHTS FILM FESTIVAL 2020
PREMIO Á MELLORES ACTRIZ,  MARIE LEUENBERGER, MELLOR FILME  E Á MELLOR PRODUCIÓN NO AVANCA FILM FESTIVAL 2021

 

 



SINOPSE

Ambientado na Suíza dos anos 80 nos que unha avogada idealista, que loita pola independencia social e a mellora do sistema xudicial e penitenciario do país, atópase cun célebre delincuente que ten fuxido de prisión e numerosas ocasións. Xuntos darán unha batalla pola liberdade.

 



OLIVER  RIHS

Director, actor, guionista e produtor, nado en 1971 en Männedorf, Suíza.  Estuda artes gráficas en Zurich de 1988 a 1992, sector no que traballa unha tempada. Acada a súa primeira experiencia cinematográfica con obras de vídeo artísticas para festas techno. En 1996 remata como artista gráfico publicitario a favor de traballar no sector social para maiores. Ao mesmo tempo, produce as súas primeiras curtametraxes coas que acada varios premios.  Dende 2001 vive en Berlín. No 2008, funda a empresa de produción “Port-au-Prince Film & Kultur Produktion GmbH” xunto a René Römer, que xestiona e produce longametraxes e documentais. No 2014, funda a empresa de aluguer de filmes “Port-au-Prince Pictures” xunto coa distribuidora Leila Hamid.

Este é o seu último traballo.





Enlaces sobre o filme: 
https://www.rtve.es/noticias/20220121/pajaros-enjaulados-pelicula/1254209.shtml
https://www.huffingtonpost.es/entry/quien-fue-walter-sturm-rey-de-las-fugas-carcel-pajaros-enjaulados_es_61e0163ee4b0a2670289fd28
https://www.abc.es/play/cine/noticias/abci-oliver-rihs-director-pajaros-enjaulados-suiza-mucho-mas-heidi-montanas-y-miel-202201131940_https://www.publico.es/culturas/estreno-pajaros-enjaulados-oliver-rihs-alarmante-utiliza-concepto-libertad-hoy.html

Posted by
Fernando Llor

+Info

Luzzu

LUZZU    de    ALEX  CAMILLERI

(LUZZU)  

MALTA    2021;   94’   V.O.S.C.












PREMIO AO MELLOR ACTOR, JESMARK SCICLUNA, NO SUNDANCE FILM FESTIVAL 2021
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO DIRECTOR NO MOLODIST INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2021
PREMIO AO DIRECTOR NO FILM INDEPENDENT SPIRIT AWARDS 2022



 

 

SINOPSE

Luzzu é o nome dos barquiños de pesca de madeira típicos de Malta. Pintados de cores vibrantes, estas embarcacións sobreviven como vestixios dun mundo en extinción, pero tamén dun xeito de relacionarse con medio ambiente condeado a desaparecer.

Fábula hiperrealista sobre un pescador atrapado entre a recén estreada paternidade e o seu desexo de poder seguir exercendo a tradición familiar, en perigro pola pesca de arrastre masiva.



 

ALEX  CAMILLERI

Director, montador, guionista e produtor. 

Estuda literatura inglesa e realización de documentais no Vassar College, onde acadou o recoñecemento polo seu proxecto de tese, “Still Here” (2010),  premio ao Mellor Documental para Estudantes no Emerging Filmmaker Showcase de Cannes.

Tras rodar varias curtametraxes, debuta con este filme na longametraxe.  É o seu último traballo.




Enlaces sobre o filme: 

https://www.magazine-hd.com/apps/wp/luzzu-alex-camilleri-entrevista/
https://www.lavanguardia.com/cultura/20220318/8126147/luzzu-odisea-joven-pescador-sobrevivir-malta.html
https://www.lahiguera.net/cinemania/pelicula/10106/comentario.phphttps://www.diariopanorama.com/noticia/408802/critica-luzzu-opera-prima-deslumbro-sundance

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger