O porto

PORTO    
(O PORTO)  de  GABE  KLINGER 
PORTUGAL/FRANCIA/POLONIA/USA  2016; 76’ V.O.S.C.








MELLOR DIRECCIÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE INDEPENDENTE DE BOS AIRES 2017         
MELLOR GUIÓN NO MONS INTERNATIONAL FESTIVAL OF LOVE FILMS 2017
MELLOR DIRECCIÓN NOS PREMIOS CINEUPHORIA 2018
                                                                                                                                   


SINOPSE
Dous estraños na cidade portuguesa do Porto, breve encontro que deu paso a un amor efémero do que aínda  quedan cinzas e recordo.
É tamén, unha declaración de amor ao celuloide, o cineasta  combina os formatos e as texturas que proporcionan o súper 8, os 16 mm e  os 35mm.



GABE  KLINGER 
Director, guionista, produtor, comisario e montador nado en 1982 en São Paulo, Brasil. Profesor de estudos fílmicos na Universidade de Illinois  e no Columbia College. Debuta como realizador co seu aclamado documental Double Play: James Benning and Richard Linklater (2013), co que acadou  o León de Ouro o Mellor Documental. 
Este é o seu primeiro filme de ficción e o seu último traballo.







 Aí van algúns enlaces sobre o filme:




Posted by
Fernando Llor

+Info

Grab and Run



GRAB AND RUN de ROSER CORELLA
KIRGIZSTAN/ALEMAÑA/ESPAÑA 2017;
87’ V.O.S.C.











FESTIVAL DE MÁLAGA, PREMIO ESPECIAL 

LOS ÁNGELES FILM FESTIVAL, PREMIO MELLOR DOCUMENTAL
FESTIVAL EVOLUTION, MENCIÓN ESPECIAL 
FESTIVAL DE REYKJAVIK, MELLOR DOCUMENTAL 
FESTIVAL DE MAR DA PRATA, MENCIÓN ESPECIAL 
FESTIVAL DE CINE DE MADRID PNR, PREMIO DA CRÍTICA






Sinopse
Tras a independencia en 1991 de Kirguistán, rexorde no país a práctica coñecida popularmente como “Ala-kachuu”, que podería traducirse como "atrápaa e corre". Máis da metade das mulleres de Kirguistán están casadas cos homes que as secuestraron. Algunhas acadan fuxir tras  violentas escenas, pero moitas aceptan o  matrimonio por tradición e medo ao rexeitamento social. Malia estar considerado o rapto de noivas un crime no código penal de Kirguistán, poucas veces a lei as protexe desta violenta práctica.



ROSER  CORELLA
Directora, guionista, fotógrafa, montadora e produtora nada en Barcelona en 1978. Licenciada en xornalismo, é unha documentalista independente, actualmente residente en Berlín. Iníciase profesionalmente como vídeo-reporteira para TVC, pero o seu interese polas historias que hai tras os temas de índole global fai que comence a auto-producir e desenvolver unha visión persoal dentro do xénero documental. O seu traballo a ten levado ao redor do mundo na busca de historias que merecen ser contadas, non só como testemuña, senón tamén, para desafiar e presentar cuestións esenciais sobre as sociedades contemporáneas.
Outros dos seus traballos: Ashura, Tales from dadaab, Khulna, the saltwater empire, Fallou, Unsafe haven, aínda sen rematar, é o seu último traballo. 



Posted by
Fernando Llor

+Info

Ouaga Girls



OUAGA GIRLS de THERESA TRAORÉ DAHLBERG
BURKINA FASO/FRANCIA/SUÍZA 2017
85’ V.O.S.C.         










PREMIO AO MELLOR DOCUMENTAL DO XURADO MOZO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BELDOCS,  SERBIA, 2018
PREMIO ESPOIR. FESTIVAL FILMINISTES – CANADÁ, 2018
PREMIO CREDIF. CARTHAGE FILM FESTIVAL – TÚNEZ, 2017
PREMIO ESTOCOLMO DA REVISTA NÖJESGUIDEN – SUECIA, 2017



Sinopse
Na capital de Burkina Faso, Uagadugú, un grupo de mozas estudan nunha escola para converterse en mecánicas de coches. Nun país cun paro xuvenil do 52% e un triste pasado, atopar traballo é unha das grandes preocupacións da mocidade.  O filme é unha poética descrición do que significa ser unha muller moza hoxe en Burkina Faso.



THERESA  TRAORÉ  DAHLBERG
Directora, guionista e produtora nada en 1983. Criada entre a illa sueca de Öland  e Burkina Faso. Tras uns anos en Nova York traballando como asistente de directores, produción e fotógrafos, estuda produción cinematográfica na New School de Nova York, e despois na Academia de Artes Dramáticas de Estocolmo, onde vive actualmente. A curtametraxe de graduación, Taxi Sister, que segue á taxista Boury en Dakar, acadou eloxios internacionais e ten sido proxectada en festivais de todo o mundo. Durante os últimos anos ten dirixido e producido diversos proxectos entre os que destaca unha serie para a televisión pública de Suecia,  Two Travelling. Tamén proxectos a medio camiño entre o cine, a arte e o documental a nivel internacional. Actualmente cursa o Máster de Belas Artes no The Royal Institute of Art de Suecia.
Con este filme debuta na longametraxe. É o seu último traballo.



Posted by
Fernando Llor

+Info

Prisoners of Kanum / Last Days in Shibati



PRISONERS OF KANUN de ROSER CORELLA
ESPAÑA 2014;
30' V.O.S.C.






Sinopse

Os antigos feudos de sangue arruínan vidas dende o colapso do comunismo en Albania. Moitas familias viven illadas, agochadas nas casas por temor ás vinganzas. O recuperado código ancestral do "Kanun", vixente na  vida rural durante cinco séculos de ocupación estranxeira, inclúe o dereito a matar por vingar un asasinato.





 Aí van algúns enlaces sobre o filme:







LAST DAYS IN SHIBATI de HENDRICK DUSOLLIER
CHINA/FRANCIA 2017;
58' V.O.S.C.



                               








PREMIO LOUIS MARCORELLES E PREMIO XURADO MOZO, FESTIVAL DE CINÉMA DU RÉEL, FRANCIA, 2017
PREMIO MELLOR DOCUMENTAL, FESTIVAL GUANAJUATO, MÉXICO, 2017
PREMIO ESPECIAL DO XURADO AO MELLOR DOCUMENTAL, IDFA, PAÍSES BAIXOS, 2017
PREMIO COMPETICIÓN INTERNACIONAL, INTERNATIONAL HUMAN RIGHTS FILM FESTIVAL VIENA, AUSTRIA, 2017
PREMIO DE OURO NA CATEGORÍA “HOUSING AND URBAN PLANNING”, DEAUVILLE GREEN AWARDS, FRANCIA, 2018




Sinopse
A destrución das antigas barriadas en China reflicten as políticas urbanísticas, sociais e culturais dun país onde o vello, tradicional e histórico debe dar paso ao novo, contemporáneo e sen alma. China vai mudando, perdendo a súa historia e o  seu legado.



HENDRICK  DUSOLLIER
Director, guionista, montador, fotógrafo e produtor, licenciado en Historia na Sorbona e en Belas Artes en París. Iníciase no documental con Obras (2005), un percorrido polos barrios antigos en destrución de Barcelona. Unha proposta técnica e artística sen precedentes, seleccionada en Locarno, nomeada ao premio César, SCAM, e foi tamén, a curtametraxe máis premiada do ano en festivais internacionais. O seguinte traballo, Babel, acadou numerosos premios en festivais. En 2013 roda “Histoire sur les Dictateurs”, descrita por Le Monde como “un desenvolvemento histórico, técnico e artístico sen precedentes, unha obra titánica”.
Este filme é o seu último traballo.

Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger