A violinista

VIULISTI   de  Paavo  Westerberg

(A VIOLINISTA)

FINLANDIA   2018; 118'    V.O.S.C.

  



SINOPSE

O filme arranca cunha violinista nunha de­sesperada e compulsiva batalla contra si mesma. Igual que o Con­certo para violín en mi menor de Mendelssohn -un pro­tagonista máis desta obra-. A esixencia suprema truncada tras un inesperado accidente.


PAAVO  WESTERBERG

Director, guionista, actor e dramaturgo nado no 1973 en Helsinki.
Graduado na Academia de Teatro de Helsinki, ten traballado como actor, guionista e director en numerosas series e obras teatrais. Tamén para a televisión en series como “Jälkiläpö” 2010. No teatro destaca, “Possible Worlds”, estreada no Teatro Nacional de Finlandia en 2016.
Debuta no cine coa curtametraxe “Omenapora” (2007)
Este é a súa ópera prima na longametraxe e o seu último traballo.


Enlaces sobre o filme: 
https://242peliculasdespues.com/2021/06/10/la-violinista-de-paavo-westerberg/
https://decine21.com/peliculas/la-violinista-43663
https://revistamutaciones.com/la-violinista-paavo-westerberg-critica/
https://contraste.info/cinema/critica-la-violinista/
https://moobys.es/2021/06/la-violinista-la-opera-prima-de-paavo-westerberg/
https://filasiete.com/critica-pelicula/la-violinista/

Posted by
Fernando Llor

+Info

Nunca voltará a nevar

SNIEGU  JUZ  NIGDY  NIE  BEDZIE de Malgorzata Szumowska e Michal Englert

(NUNCA VOLTARÁ A NEVAR)

POLONIA/ALEMAÑA 2020; 116' V.O.S.C.

                           







ESPECIAL MENCIÓN AOS DIRECTORES NO VENICE FILM FESTIVAL 2020

PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA E MELLORES ACTRICES, MAJA OSTASZEWSKA E AGATA KULESZA, NOS PREMIOS DO CINE POLACO 2021


SINOPSE
Un masaxista chegado do Este entra na vida dunha comunidade burguesa. A súa riqueza non impide que os residentes transmitan tristeza. Este misterioso recén chegado parece ser capaz de curar as súas almas e mudar as súas vidas.

MALGORZATA SZUMOWSKA
Directora, produtora e guionista nada en Cracovia no 1973. Licenciada na Escola de Cine de Lodz. Iníciase coas curtametraxes Silencio e Ascensión, premiadas e diversos festivais. Asemade, ten realizado e producido varios documentais. Debuta na longametraxe con "Un home feliz". A seguínte foi "Estrano". No 2005 comeza a traballar con Zentropa como directora e produtora do segmento “Crossroads”, da serie “Visions of Europe”. No 2008, roda a súa terceira longametraxe "33 escenas de vida". No 2009 presenta na Sección "L’Atelier" do Festival de Cannes o guión da súa cuarta longametraxe "Elas" (2011). No 2013 presenta en Berlín o filme "W imię". No 2015 volta a Berlín con "Ciało". No 2018 acada o Oso de Prata, Gran Premio do Xurado en Berlín con "life-Mug". No 2019 dirixe "The horror the other lamb".
Este é o seu ultimo traballo.

MICHAL ENGLERT
Produtor, guionista, fotógrafo e director nado no 1975, en Varsovia. Crece nun entorno artístico en contacto con escenarios de teatro, cine e televisión. Licenciado na Leon Schiller National Film School, no departamento de cinematografía, e alí onde coñece a Malgorzata Szumowska coa que colabora e que se convertiría na a súa parella durante uns anos. 
Este é o seu ultimo traballo.       

Posted by
Fernando Llor

+Info

Queridos camaradas

 

DOROGIE TOVARISHCHI!  de  Andrei  Konchalovsky
(QUERIDOS CAMARADAS)
                     RUSIA 2020; 120' V.O.S.C.                   








PREMIO AO MELLOR FILME, MELLOR PRODUCIÓN, MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR GUIÓN NOS RUSSIAN GUILD OF FILM CRITICS 2021

PREMIO AO MELLOR GUIÓN NOS SLOVO AWARDS 2021

PREMIO Á MELLOR ACTRIZ JULIA VYSOTSKAYA, NO FARO ISLAND FILM FESTIVAL 2021

PREMIO GOLDEN EAGLE AO MELLOR DIRECTOR, RUSSIA 2021

PREMIO NATIONAL BOARD OF REVIEW AO MELLOR FILME ESTRANXEIRO, 2021 USA

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN, SON, ACTRIZ JULIA VYSOTSKAYA, E PRODUCIÓN NOS PREMIOS NIKA 2021

PREMIO Á MELLOR FOTOGRAFÍA NO RUSSIAN GUILD OF CINEMATOGRAPHERS, RUSSIA 2021

PREMIO AO MELLOR DIRECTOR NO VENICE FILM FESTIVAL 2020

PREMIO HUGO DE PRATA AO MELLOR DIRECTOR NO CHICAGO INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2020


SINOPSE
Ambientada na Unión Soviética de 1962. Unha afiliada do Partido Comunista ten fe cega no marxismo, pero tras presenciar a violencia gubernamental coa protesta laboral nunha fábrica na que a súa filla desaparece, todo muda
.


ANDREI KONCHALOVSKY

Director, guionista, actor e produtor nado no 1937 en Moscova. Crece nunha familia de raíces aristocráticas e artísticas. O Seu pai escritor, presidente da Unión de Escritores da RSFS de Rusia, poeta, fabulista, dramaturgo, corresponsal de guerra. O seu irmán menor é o cineasta Nikita Mikhalkov. El estuda piano, pero se matricula no Gerasimov Institute of Cinematography, graduándose no 1965. Alí coñece a Tarkovski co que escribe o guión de "Katok i skripka"(1961). Debuta como diretor co filme "O primeiro mestre" (1966). O segundo traballo, "The Story of Asya Klyachina" (1966), censurado polas autoridades soviéticas e estreado vinte anos máis tarde está considerado como a súa obra mestra. Logo dirixiu "Hogar da pequena nobreza" (1970). "Tío Vania" (1971) "Siberiada" (1979), presentada en Cannes e acadando o recoñecimento internacional o permite mudarse ós Estados Unidos en 1980. O seu primeiro filme en inglés, foi "Os amantes de María" (1984), logo viñeron "O tren do inferno" (1985), "Duet for One" (1986), "Homer and Eddie” (1989), “Tango e Cash” (1989). No 1990 volta definitivamente a Rusia.
O seu último traballo é o documental “Homo sperans”.


Enlaces sobre o filme: 


https://www.elantepenultimomohicano.com/2020/09/critica-dear-comrades.html
https://www.nosolocine.net/queridos-camaradas-magnifica-y-honesta-pelicula-de-andrei-konchalovsky/
https://35milimetros.es/queridos-camaradas-una-reescritura-de-la-rusia-de-los-anos-60/
https://filasiete.com/critica-pelicula/queridos-camaradas/
https://www.elperiodico.com/es/ocio-y-cultura/20210708/critica-queridos-camaradas-konchalovsky-11895393

Posted by
Fernando Llor

+Info

O teléfono do vento

KAZE   NO  DENWA    de    NOBUHIRO  SUWA

(O  TELÉFONO  DO  VENTO)

XAPÓN   2020;   139'    V.O.S.C.











SINOPSE

Crónica dun dolo en forma de viaxe na que os sucesivos encontros desprazan o loito individual cara o colectivo, definido pola confesión dunha cadea de feridas:  Hiroshima, o exilio kurdo, un accidente de coche, o tsunami. Feridas do tempo á certificación do que asemella unha verdade inmediata, improvisada e unha posibilidade de futuro.

 

NOBUHIRO  SUWA

Director, guionista, montador, actor e produtor nado no 1960 en Hiroshima. Sendo estudiante da Escola de Diseño da Universidade Zokei de Tokio, empeza a realizar os seus primeiros  filmes. En 1985, dirixe, escrebe e produce a curtametraxe "Hanasareru gang". Logo roda varios documentais. En 1997 debuta na ficción con "2/Duo". No 1999 dirixe "M/other", amosando  por primeira vez dun xeito realista á muller xaponesa contemporánea.

Na a súa filmografía destacamos, "H story", -un filme experimental baseado no de Alain Resnais de (1959), "Hiroshima mon amour"-.  "Yuki & Nina" (2009) e, "O león durme esta noite" (2017).

Este é o seu ultimo traballo.




Enlaces sobre o filme: 


Posted by
Fernando Llor

+Info
Con tecnoloxía de Blogger.

(cc) Creative Commons BY-NC-SA 3.0 · Cineclube Lumière

Modelo: Urang-kurai / fornecido por Blogger