KAZE NO DENWA de NOBUHIRO SUWA
(O TELÉFONO DO VENTO)
XAPÓN 2020; 139' V.O.S.C.
SINOPSE
Crónica dun dolo en forma de viaxe na que os sucesivos encontros desprazan o loito individual cara o colectivo, definido pola confesión dunha cadea de feridas: Hiroshima, o exilio kurdo, un accidente de coche, o tsunami. Feridas do tempo á certificación do que asemella unha verdade inmediata, improvisada e unha posibilidade de futuro.
NOBUHIRO SUWA
Director, guionista, montador, actor e produtor nado no 1960 en Hiroshima. Sendo estudiante da Escola de Diseño da Universidade Zokei de Tokio, empeza a realizar os seus primeiros filmes. En 1985, dirixe, escrebe e produce a curtametraxe "Hanasareru gang". Logo roda varios documentais. En 1997 debuta na ficción con "2/Duo". No 1999 dirixe "M/other", amosando por primeira vez dun xeito realista á muller xaponesa contemporánea.
Na a súa filmografía destacamos, "H story", -un filme experimental baseado no de Alain Resnais de (1959), "Hiroshima mon amour"-. "Yuki & Nina" (2009) e, "O león durme esta noite" (2017).
Este é o seu ultimo traballo.
Enlaces sobre o filme:
Posted by
Fernando Llor